#Claves de la semana

​Villares: "O pouco que haxa ímolo repartir ben"

"Mentres a xente pase frío ou pase fame non poderemos dicir que estamos a servir os intereses do país", di o candidato de En Marea.


|

Villaresgaiteiro


"Sabemos que haberá pouco porque expoliaron todo, pero o pouco que haxa ímolo repartir ben". Así abriu a súa intervención o candidato de En Marea á Presidencia da Xunta, Luís Villares, en Cangas (Pontevedra), nun acto público no que manifestou que, "aínda que o política pase da xente, a xente non pode pasar da política".

Na tarde do sábado, o mitin a localidade pontevedresa pechou a xornada máis intensa no que vai de campaña para En Marea, na que, ademais do do Morrazo, celebrou actos nas cidades de Vigo e A Coruña.

Sobre o escenario, Villares foi acompañado polo histórico dirixente do nacionalismo galego, Xosé Manuel Beiras, e por Carmen Santos, Eva Solla e Mariano Abalo, números uno, tres e dez da candidatura por Pontevedra; nun acto público que se pechou coa interpretación do himno galego por parte dun grupo de gaiteiros.

A anécdota do día serviuna Luís Villares, que ao termo do mitin de Cangas demostrou o seu dotes de músico --toca a gaita e a zanfona-- e sumouse ao grupo para interpretar unha canción.

"Estaba nervioso o día do debate da TVG porque non estaba afeito como eles, porque son como un de vós", confesou Luís Villares ao comezo da súa intervención en Cangas, onde na primeira das súas visitas á localidade pontevedresa, xa como candidato do partido instrumental, viu como alí "xa tiñan os zapatos gastados" de percorrer un camiño "de loita por un país xusto".


SERVIR "OS INTERESES DO PAÍS"

"A cor da luz é a síntese de todas as cores", e iso é o que representa En Marea no plano político para Villares. "Mentres a xente pase frío ou pase fame non poderemos dicir que estamos a servir os intereses do país", reiterou o maxistrado en excedencia no seu compromiso de blindar por decreto "as garantías sociais básicas".

"Outra Galicia está ao noso alcance", exclamou a candidata número uno por Pontevedra, Carmen Santos, que convidou ao candidato do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, a "ter ao seu fillo" no Hospital Álvaro Cunqueiro, que "para iso" foi construído "con diñeiro público".

O PP SON "ANDROIDES"

O histórico do nacionalismo galego, Xosé Manuel Beiras, chamou "androides" aos membros do PPdeG, que "non teñen sentimentos" e cren que "a estabilidade ten que ver con cortellos" e os populares "non queren perder o seu cortello".

"A contaminación das rías é moi grave, pero é máis grave a do estupefaciente que soltan desde o poder", manifestou. Así mesmo, acusou ao PPdeG de converter "a maioría absoluta nun partido único" no Parlamento galego, onde "os demais" non existían e tombaban as propostas da oposición "por moi xustificadas que fosen". "En Marea representa a antítese a iso", concluíu.


GALICIA "EN VENDA"

O número oito da candidatura de En Marea por Pontevedra, o cangués Mariano Abalo, convidou a "ter os ollos moi aberto", xa que "pola contra" continuará en Galicia "máis do mesmo": un PP que puxo "en venda o país".

Abalo, histórico do nacionalismo galego e fundador da Fronte Popular Galega (FPG) nos anos 80, cualificou as Deputacións como "auténtica covas de ladróns" onde se coan "individuos imputados como Louzán", á vez que criticou aos "mercenarios mediáticos" que buscan que "rompan as posibilidades de vitoria da esquerda".

ENCHER As URNAS DE "ESPERANZA"

Pola súa banda, a número tres da candidatura pontevedresa, Eva Solla, afeou as palabras do candidato do PPdeG pola Coruña, Juan Carlos Crespo, quen nun mitin dos populares en Ribeira o pasado xoves indicou que a esquerda practicaba "violencia de xénero política".

"Temos propostas, temos programa e témosvos a vós", exclamou Solla, que ve que "só falta encher as urnas" de votos e "esperanza" o día 25 de setembro.

relacionada Villares: "Imos abolir a prohibición de impartir matemáticas en galego"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE