#Claves de la semana

A CIG toma as rúas contra a reforma laboral no Día da Clase Obreira

Organizaron marchas por toda Galicia, reunindo centos de persoas nas principais cidades galegas


|



A CIG conseguiu reunir centos de persoas nas súas manifestacións organizadas no Día da Clase Obreira Galega, unha xornada que lembra a figura de Amador Rey e Daniel Niebla, "asasinados en 1972 a mans da policía franquista por defender os seus intereses de clase". Pero dende o sindicato non quixeron que a xornada se quedase no recordo. Aseguran que máis de 40 anos despois "a loita segue vixente" e aproveitan para reclamar "a derrogación das medidas antiobreiras e represivas aprobadas nos últimos anos polo goberno español e galego", entre as que destacan a reforma laboral e a Lei Mordaza. 


Organizaron marchas nas sete principais cidades galegas e en Viveiro, pero unha das manifestacións máis multitudinarias foi a de Vigo, onde conseguiron reunir unhas mil persoas segundo a organización e fontes policiais, ataviadas con pancartas e bandeiras que pedían 'unha industria con futuro', o 'indulto para Carlos e Serafín' e en 'defensa do emprego na comarca'.


Durante o percorrido, os participantes na mobilización camiñaron acompañados da música de gaitas e cantando consignas como: 'Amador, Daniel, a loita continúa', 'abuso patronal, resposta sindical', 'queremos traballar e non emigrar', 'a CIG na rúa a loita continúa' e 'traballo temporal, terrorismo patronal'.


O secretario comarcal da CIG, Alberte Gonçalves, reafirmou que nesta data "emblemática" ademais de lembrar aos traballadores asasinados tamén están a trasladar a súa oposición ás políticas do Goberno do PP, que están a facer "un desastre da industria e os dereitos" dos traballadores. "Só cabe cambiar radicalmente", recalcou.


No manifesto lido ao final do percorrido, xunto á farola de Urzáiz, a CIG esixiu, entre outras cuestións, unha "Galicia democrática, onde non se ilegalicen as ideas", onde se potencien os sectores produtivos, se cree un salario de inserción social e "se poida vivir do traballo digno", así como unha Galicia con "soberanía nacional, como instrumento de ruptura ao servizo da clase traballadora".



Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE