#Claves de la semana

​A Deputación de Lugo ofrece 650 prazas de teleasistencia gratuíta a dependentes e maiores

Súmanse ás case 1.000 existentes, e as persoas interesadas en acceder a este servizo poderán presentar a súa solicitude a partir de hoxe, martes


|


Teleasistencia 1


O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, anunciou este luns a ampliación da teleasistencia gratuíta para persoas dependentes e maiores con 650 prazas máis, que se suman ás case 1.000 existentes.


As persoas interesadas en acceder a este servizo do ente provincial poderán presentar a súa solicitude a partir deste martes.


Campos contrapuxo a oferta da Deputación coa da Xunta en base a dous eixos. Por unha banda, explica que a provincial é gratuíta, fronte ao copago da autonómica. Por outra banda, a primeira aprobarase para todas aquelas persoas que o necesiten segundo as valoracións que realicen os traballadores sociais, mentres que a segunda redúcese ao ámbito das persoas que teñen recoñecida a dependencia.


"Trátase dunha prestación totalmente gratuíta dirixida a maiores e persoas que sofren algunha limitación en canto á súa anatomía", expuxo Campos.


A valoración "non será un trámite administrativo", senón que "será unha valoración con tinguidura social na que se analicen as condicións familiares, a autonomía e o illamento".


relacionada ​La Diputación de Lugo cede terrenos para el primer centro de patología dual de Galicia
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE